“Separar con xeito” participará no “Festival A Candeloria” con contedores de separación e un punto informativo

25 Febreiro, 2018
  • Separar con Xeito participa no primeiro evento musical da campaña, o Festival da Candeloria de Lugo, que o ano pasado contou coa participación de miles de xóvenes de toda Galicia.
  • A presencia dos monitores especializados na zona de entrada do festival durante os 3 días de duración do mesmo (22, 23 e 24 de febreiro) verase complementada coa dotación de contedores amarelos e azuis destinados a recoller os residuos xerados durante o festival.

A campaña Separar con Xeito, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, ten por obxectivo explicar as claves da xestión sostible dos residuos urbanos (especialmente os do contedor amarelo e azul), e resolver as dúbidas suscitadas aos visitantes dos diferentes eventos aos que acude día a día.

Os vindeiros 22 a 24 de febreiro, a campaña acudirá a un evento, o Festival da Candeloria, que é un festival de referencia en Galicia, quizáis porque é o primeiro do ano en Galicia e como “festival consolidado de inverno”. A Candeloria celébrase baixo teito, nos pavillóns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, polo que este conxunto de factores favorece a afluencia de miles de xóvenes de todos os puntos do territorio galego así como Asturias ou Castela e León.

Por este motivo, a presencia dos monitores de Separar con Xeito é esencial para informar e concienciar a este tipo de público, nos valores adscritos ás 3 Erres, así como a importancia de separar axeitadamente os residuos, en especial os destinados ao contedor amarelo (envases e envoltorios de plástico, latas e bricks) e ao contedor azul (papel e cartón, limpos).

Os monitores medioambientais, desde un punto informativo ubicado no vestíbulo do Pazo de Feiras e Congresos, informarán, eso si de forma divertida e didáctica, aos xóvenes que se acheguen ata Lugo para disfrutar da música en directo programada polos responsables de A Candeloria.

E do mesmo xeito, os organizadores do evento contarán para a ocasión cunha dotación de contedores amarelos e azuis que faciliten a recollida dos residuos destinados a ditos contedores durante os 3 días de celebración do festival.