Separar con Xeito participará esta fin de semana no Festival Caudal Fest con contedores de separación e un stand informativo.

Novas

Axenda

« Decembro 2019 » loading...
M T W T F S S
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
Ven 20

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 20 @ 16:00 - 19:00
Sáb 21

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 21 @ 11:30 - 14:30
Dom 22

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 22 @ 11:30 - 14:30
25 Setembro, 2018
  • Separar con Xeito participará na primeira edición do Caudal Fest que se celebra os días 21 e 22 de setembro en Lugo.
  • A presenza dos monitores no evento complementarase coa dotación de contedores amarelos e azuis destinados a acoller os residuos xerados durante o Festival.

A campaña Separar con Xeito, estará presente esta fin de semana na primeira edición do Caudal Fest, que se celebra no entorno do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, o cal promete ser un festival de referencia en Galicia, proporcionando un cartel de primeiro nivel cunha ampla oferta de estilos musicais, aplaudidos tanto a nivel nacional como internacional.

Os monitores medioambientais, desde un stand informativo que se localizará no xardín do Pazo de Feiras e Congresos, informarán, de forma divertida e amena, ao público que se achegue ata Lugo para disfrutar da música en directo de artistas da talla de Vetusta Morla, Novedades Carminha, Iván Ferreiro, ou Mala Rodríguez, entre moitos outros.

Do mesmo xeito, a organización deste evento contará para a ocasión cunha dotación de contedores amarelos (destinados a acoller envases de plástico, latas e briks) e azuis (destinados a acoller papel e cartón) que faciliten a recollida selectiva dos residuos que se xeren durante os 2 días de celebración do Festival.