Separar con Xeito estivo presente na 55 edición da Festa do Marisco do Grove.

Novas

Axenda

« Outubro 2019 » loading...
M T W T F S S
30
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
Ven 18

Feira das San Lucas en Mondoñedo

Outubro 18 @ 10:30 - 13:30
Sáb 19

Carreira Popular Concello do Corgo

Outubro 19 @ 17:00 - 20:00
Sáb 19

Musgo en Ourense

Outubro 19 @ 17:00 - 20:00
Dom 20

Feira do 1900 en Arteixo

Outubro 20 @ 11:00 - 15:00
16 Outubro, 2018
  • Os monitores ambientais de Separar con Xeito acudiron a pasada fin de semana a unha das citas gastronómicas con máis repercusión da nosa comunidade, a Festa do Marisco do Grove.
  • A presenza do stand informativo complementouse coa dotación de contedores destinados a acoller os residuos xerados durante este multitudinario e consolidado evento.

A LV Festa do Marisco do Grove, declarada de Interese Turístico Nacional, acolleu a pasada fin de semana as actividades da campaña Separar con Xeito. Monitores especializados encargáronse de concienciar á cidadanía da importancia de levar a cabo unha axeitada separación dos residuos en orixe, así como depositalos do contedor que corresponde en cada caso.

A grande afluencia de visitantes permitiu que participantes de toda Galicia visitaran o stand da campaña, onde ademais de recibir información sobre as claves da xestión sostible dos residuos, resolveron as dúbidas existentes neste ámbito.

Asemade, Separar con Xeito dotou de contedores o recinto festivo do Corgo, permitindo, deste xeito, efectuar unha segregación  selectiva na orixe dos residuos xerados durante o período de festa, que abrangueu desde o 4 ao 14 de Outubro.