Separar con Xeito estará presente no marco da Semana Europea de Prevención de Residuos na Carreira Pedestre Popular do San Martiño en Ourense

Novas

Axenda

« Decembro 2019 » loading...
M T W T F S S
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
Ven 20

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 20 @ 16:00 - 19:00
Sáb 21

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 21 @ 11:30 - 14:30
Dom 22

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 22 @ 11:30 - 14:30
15 Novembro, 2019
  • A carpa informativa da campaña Separar con Xeito estará presente durante esta  fin de semana na proba deportiva que se disputará en Ourense, coincidindo coa celebración da EWWR.
  • Espérase afluencia de milleiros de participantes procedentes de toda Galicia nesta popular cita do atletismo, que este ano acada a súa XLIII edición.

A campaña Separar con Xeito, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, ten por obxectivo explicar as claves da xestión sostible dos residuos urbanos (especialmente os do contedor amarelo e azul), e resolver as dúbidas suscitadas aos visitantes dos diferentes eventos aos que acude día a día.

O próximo domingo, 17 de Novembro, a campaña estará presente na Carreira Pedestre Popular do San Martiño, que se celebrará en Ourense. Trátase da XLIII edición da carreira popular máis antiga de Galicia, e na que cada ano participan milleiros participantes de toda a comunidade.

Será na Zona de Avituallamiento, localizada no Pavillón dos Remedios, onde se instale a carpa informativa de Separar con Xeito, desde a que os monitores medioambientais concienciarán a corredores, así coma os acompañantes e visitantes, da importancia de levar a cabo unha axeitada separación dos residuos en orixe, así como de depositalos no contedor axeitado en cada caso. Nesta ocasión o evento encádrase na Semana Europea de Prevención de Residuos (EWWR).