Separar con Xeito estará presente na segunda edición do Festival O Son do Camiño con contedores de separación e unha patrulla informativa

Novas

Axenda

« Setembro 2019 » loading...
M T W T F S S
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
6
Xov 19

Feira semanal de Carballo

Setembro 19 @ 10:30 - 13:30
Ven 20

Feira semanal en Sarria

Setembro 20 @ 10:30 - 13:30
Sáb 21

Caudal Fest en Lugo

Setembro 21 @ 16:00 - 20:00
Sáb 21

Feira do Moble de Galicia en A Estrada

Setembro 21 @ 16:00 - 19:30
14 Xuño, 2019
  • Separar con Xeito participará no Festival O Son do Camiño, que se celebra do 13 ao 15 de Xuño en Santiago de Compostela
  • A presenza dos monitores medioambientais no evento complementarase coa dotación de contedores amarelos e azuis destinados a acoller os residuos xerados durante o Festival.

A campaña Separar con Xeito, estará presente esta fin de semana no Festival O Son do Camiño, autentico referente festivaleiro ao que está previsto que acudan máis de 100.000 persoas entre o 13 e o 15 de Xuño en Santiago de Compostela.

Os monitores medioambientais que se desprazarán a este multitudinario evento, informarán, de forma divertida e amena, ao publico que se achegue ata o Monte do Gozo para desfrutar da música en directo de artistas da talla de Black Eyed Peas, Rosalía, David Guetta, Iggy Pop ou Vetusta Morla, entre moitos outros.

Do mesmo xeito, a organización deste evento contará para a ocasión cunha dotación de contedores amarelos (destinados a acoller envases de plástico, latas e briks) e azuis (destinados a acoller papel e cartón) que faciliten a recollida selectiva dos residuos que se xeren durante os 3 días de celebración do Festival.