Separar con Xeito estará presente na Carreira Pedestre Popular do San Martiño en Ourense

Novas

Axenda

« Abril 2019 » loading...
M T W T F S S
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
Mér 24
Ven 26

Feira ecolóxica en Soutomaior

Abril 26 @ 11:00 - 13:00
Sáb 27
Sáb 27

Arbomostra – Festa da Lamprea en Arbo

Abril 27 @ 11:00 - 15:00
Dom 28

Festa da Primavera en Oza-Cesuras

Abril 28 @ 10:00 - 14:00
13 Novembro, 2018
  • Os monitores medioambientais de Separar con Xeito acudirán a esta emblemática proba, que este ano alcanza a súa 42 edición.
  • Espérase afluencia de milleiros de participantes procedentes de toda Galicia nesta popular cita do atletismo.

A Campaña Separar con Xeito continúa a súa traxectoria ao longo de toda Galicia. Tras percorrer os últimos días unha morea de eventos gastronómicos e feiras municipais  o vindeiro domingo, 18 de Novembro, acudirá á carreira popular máis antiga de Galicia.

Trátase da 42 edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, que terá lugar na cidade ourensá, e na que se atopan inscritos máis de 10.000 participantes, repartidos en catro categorías.

A proba absoluta arrincará ás 11:00h para os nacidos ata o ano 2001, cun recorrido de 10km. A escolar, para nacidos entre os anos 2002 e 2007, terá  un recorrido de 4,7km e a saída producirase ás 12:30h. O circuíto para nenos, nacidos ata a actualidade, terá un recorrido de 1,4km e a súa saída será ás 13.30h. Este mesmo circuíto acollerá a primeira carreira inclusiva para persoas con diversidade funcional.

Será na Fun Zone, localizada no Pavillón dos Remedios, onde se instale a carpa informativa de Separar con Xeito, desde a que os monitores medioambientais concienciarán a corredores, así coma os acompañantes e visitantes, da importancia de levar a cabo unha axeitada separación dos residuos en orixe, así como de depositalos no contedor axeitado en cada caso. Farase especial incidencia nos residuos cuxo destino son os contedores amarelo e azul.