Separar con Xeito continúa a vindeira fin de semana co seu periplo polos Festivais de musica de Galicia.

Novas

Axenda

« Outubro 2019 » loading...
M T W T F S S
30
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
18 Xullo, 2018
  • Serán os Festivais Vive Nigrán e Atlantic Fest quenes recibirán a próxima fin de semana a visita dos educadores medioambientais de Separar con Xeito.
  • A campaña, promovida e organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pretende fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases de plástico, envases lixeiros, papel e cartón, nos principais Festivais de verán en Galicia.

Separar con Xeito continúa achegando aos festivaleiros e festivaleiras as premisas dunha adecuada separación en orixe dos residuos. Tras estar presentes na primeira edición do festival O Son do Camiño en Santiago de Compostela o pasado mes de xuño, os monitores ambientais desprazáronse, xa no mes de xullo. ao festival PortAmérica en Caldas de Reis e ao tradicional Resurrection Fest de Viveiro.

Esta fin de semana a campaña estará presente na segunda edición do Picnic pop Festival Vive Nigrán (20 de xullo) e na terceira edición do Atlantic Fest (21 de xullo) que se celebra na Illa de Arousa. As citas festivaleiras do mes de xullo rematarán co Festival 17º Ribeira Sacra e o singular festival Sinsal en Redondela, ambos o 27 de xullo.

Xa no mes de agosto Separar con Xeito acudirá a dúas importantes citas da provincia de Pontevedra, a XVI edición do festival SonRías Baixas de Bueu (3 de agosto)  e ao XV aniversario do Revenidas de Vilaxoán en Vilagarcía de Arousa (17 de agosto).