“Separar con Xeito” celebra mañá o Día Internacional da Reciclaxe no XV Torneo do R.C. Deportivo en Abegondo

Novas

Axenda

« Outubro 2019 » loading...
M T W T F S S
30
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
16 Maio, 2018
  • Os monitores medioambientais de Separar con Xeito participarán nas actividades que organiza nas súas instalacións deportivas o clube herculio, e que darán comezo mañá desde as 9:00 horas.
  • Espérase a afluencia de centos de rapaces que participarán na 15 edición dun torneo no que o CD Deportivo de A Coruña promove deporte, saúde e medio ambiente.
  • A campaña Separar con Xeito está promovida e organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A Campaña Separar con Xeito continúa o seu periplo ao longo de toda Galicia. Tras percorrer unha chea de feiras municipais e eventos gastronómicos, na xornada de mañá 17 de maio, Día Internacional da Reciclaxe acudirá a un evento deportivo de grande repercusión en Galicia.

Trátase da 15 edición do Torneo do R.C. Deportivo de A Coruña, que terá lugar nas instalacións da súa cidade deportiva de Abegondo a partir das 9:00 horas.

180 equipos serán os que participen: 67 prebenxamíns e 113 benxamíns pertencentes a 71 clubs de toda Galicia. O Torneo ten a firme intención de converterse unha vez máis na gran festa do fútbol galego. O evento manterá o formato de edicións anteriores, coa participación de máis de 2.500 xogadores.

Os partidos arrincarán ás 09:00 horas e estenderanse ata as 19:30, hora de inicio da final Benxamín, ao longo e ancho dos 16 terreos de xogo en que se dividirán os campos de herba natural da Cidade Deportiva de Abegondo. Espérase que polas instalacións do RC Deportivo pasen unhas 10.000 persoas, que ademais de gozar dunha inesquecible xornada de fútbol terán á súa disposición unha ampla área de recreo e restauración, que ocupará boa parte do terreo de xogo de herba artificial.

Será nesta zona de ocio onde se instale a carpa informativa de Separar con Xeito, desde a que os monitores medioambientais da campaña concienciarán á xogadores, así coma aos seus amigos e familiares da importancia de levar a cabo unha axeitada separación dos residuos en orixe, así como depositalos no contedor axeitado en cada caso. Farán especial incidencia nos residuos do contedor amarelo (envases e envoltorios de plástico, latas e bricks) e do contedor azul (papel e cartón limpos, sen restos de graxa ou orgánicos).