Separar con Xeito acudirá esta fin de semana á tradicional Feira de As San Lucas de Mondoñedo
Novas

- Os monitores ambientais de Separar con Xeito estarán presentes esta fin de semana na feira tradicional máis antiga de Galicia: As San Lucas de Mondoñedo.
- Esperase a afluencia de centos de visitantes de todos os lugares da xeografía galega, que participarán na 862 edición desta feira.
A campaña Separar con Xeito, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, ten por obxectivo explicar as claves da xestión sostible dos residuos urbanos (especialmente os do contedor amarelo e azul), e resolver as dúbidas suscitadas aos visitantes dos diferentes eventos aos que acude día a día.
Mañá sábado 20 de Outubro, a campaña acudirá a tradicional Feira de As San Lucas, cita obrigada para os amantes dos cabalos, protagonistas indiscutibles para unha das celebracións con máis encanto da nosa comunidade, que se ven celebrando desde o ano 1156 na cidade de Mondoñedo.
Ademais da presenza na Feira das San Lucas, a campaña tamén estará presente durante a xornada do sábado 20 de Outubro na Festa da Faba de Moeche (A Coruña) e na Muiñada de Bergondo (A Coruña).
Os eventos previstos para o domingo 21 de Outubro son a Feira do 21 en Ourense, a Feira Agroecolóxica de Moaña (Pontevedra) e a Feira tradicional de Zas (A Coruña).