Separar con Xeito acudirá esta fin de semana á multitudinaria Festa do Marisco do Grove

Novas

Axenda

« Decembro 2019 » loading...
M T W T F S S
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
Ven 20

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 20 @ 16:00 - 19:00
Sáb 21

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 21 @ 11:30 - 14:30
Dom 22

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 22 @ 11:30 - 14:30
11 Outubro, 2019
  • Os monitores ambientais de Separar con Xeito estarán presentes esta fin de semana nunha das citas gastronómicas con maior repercusión de Galicia: A Festa do Marisco do Grove.
  • A presenza do stand informativo complementarase  coa dotación de contedores destinados a acoller os residuos xerados durante este multitudinario e consolidado evento.

LVI Festa do Marisco do Grove, declarada de Interese Turístico Nacional, acollerá esta fin de semana as actividades da campaña Separar con Xeito. Monitores especializados encargaranse de concienciar á cidadanía da importancia de levar a cabo unha axeitada separación dos residuos en orixe, así como depositalos do contedor que corresponde en cada caso.

Non obstante, ademáis de ofrecer información sobre as claves da xestión sostible dos residuos , Separar con Xeito dotou de contedores o recinto festivo do Corgo, permitindo, deste xeito, efectuar unha segregación  selectiva na orixe dos residuos xerados durante o período de festa, desde o 3 ao 13 de Outubro.