“Separar con xeito” comeza a súa andaina en Xantar, e visitará A Fonsagrada e Lalín esta fin de semana

Axenda

« Novembro 2019 » loading...
M T W T F S S
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
Inauguración Xantar
1 Febreiro, 2018
  • A campaña, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, deu inicio ás súas actividades no salón gastronómico Xantar e estará nel ata o 4 de febreiro.
  • Do mesmo xeito, unha carpa informativa da campaña terá presencia na Festa do Butelo de A Fonsagrada (sábado 3 de febreiro) e na Feira do Cocido de Lalín (domingo 4 de febreiro).

  • Educadores especializados serán os encargados de explicar os pormenores e implicaciones da xestión sostible dos residuos urbanos (especialmente o que atinxe aos residuos do contedor amarelo e azul), así como de resolver as dúbidas suscitadas polos visitantes a estes eventos.

 

 

A campaña “Separar con Xeito” foi inaugurada oficialmente onte no salón gastroturístico Xantar, que se celebra en Expourense do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro. O stand oficial da campaña, que estará ubicado durante todos os días que dura o salón, contou coa presencia dos responsables de Ecoembes Galicia, Chelo Rivas e Bruno de Llano.

Monitoras especializadas solventaron todo tipo de dúbidas dos visitantes do certame, incidindo especialmente nos residuos que se xeran neste tipo de eventos en relación ao contedor amarelo: para latas, briks e envases de plástico (nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios) e azul:  para envases de cartón e papel (nunca cartóns e papeis plastificados, sucios ou con restos de graxa, debendo retirarse previamente accesorios habituais tales como arames, argolas e grapas).

Os visitantes que acudiron ata o stand informativo de “Separar con Xeito”, ademais de recibir información a través do folleto oficial da campaña, cumplimentaron unha enquisa electrónica, e tras solventar ás súas dúbidas sobre residuos, recibiron un agasallo oficial da campaña: vasos reutilizables de plástico e bolsas de tela.

Ademais do stand, desde “Separar con Xeito” facilitouse á zona gastronómica de Xantar, contedores de 120 litros azuis e amarelos, co obxectivo de que tanto comensais como restauradores depositen de forma axeitada os residuos xerados durante a súa participación no Salón.

O stand de “Separar con Xeito” seguirá coas súas actividades de concienciación ambiental en Xantar ata o vindeiro domingo día 4, en horario de 12:00 a 16:00.

 

A Fonsagrada e Lalín

De forma paralela a Xantar, a carpa informativa da campaña “Separar con Xeito”, chegará durante a fin de semana a dous importantes eventos gastronómicos.

Dunha banda, a Festa do Butelo de A Fonsagrada (Lugo), á que se acudirá o sábado 3 de febreiro. A carpa estará ubicada na Praza do Concello en horario de 11:00 a 15:00 horas. Na carpa, seguirase a mesma dinámica descrita no caso do stand informativo: formación, información, realización da enquisa dixital e regalo de agasallos aos cidadáns que se interesen na campaña.

E finalmente, o domingo 4, a carpa informativa terá presencia na Feira do Cocido de Lalín, ubicándose no Campo da Feira-Praza de Abastos. O horario de atención ao público será de 11:00 a 15:00 horas.