Rematamos o mes de Setembro con múltiples actividades da campaña en diversos eventos de carácter festivo

Novas

Axenda

« Novembro 2019 » loading...
M T W T F S S
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
25 Setembro, 2018
  • Separar con Xeito participará nos últimos días do mes de Setembro en feiras, festas e romarías ao longo de toda Galicia
  • A través das accións a desenvolver no marco da campaña tratarase de fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases de plásticos, envases lixeiros, papel e cartón.

Separar con Xeito continua achegando á cidadanía as premisas dunha adecuada separación en orixe dos residuos na Comunidade Autónoma Galega. Tras percorrer durante os pasados días unha morea de festas gastronómicas, culminarase o mes de Setembro cun intenso cartel de eventos festivos.

Na xornada do venres 28, os monitores ambientais de Separar con Xeito acudirán á Feira tradicional de Bande (Ourense) e á Romaría de Santa Minia en Brión (A Coruña), que cada ano acolle a milleiros de persoas.

O sábado  29 de Setembro, a Festa de San Campio en Outes (A Coruña), e a Festa de San Miguel no concello de Marín (Pontevedra) serán as citas nas que terá presenza a campaña a través das súas carpas informativas.

Será finalmente, na xornada do domingo 30 de Setembro, cando Separar con Xeito acudirá ao  Biomercado de Tomiño (Pontevedra) e Feira mensual de Castrelo de Miño (Ourense).