Preto de 100.000 participantes visitaron o stand da campaña Separar con Xeito dende o seu lanzamento

Novas

Axenda

« Novembro 2019 » loading...
M T W T F S S
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
12 Setembro, 2019
  • Desde o seu lanzamento xa son preto de 100.000 personas as que participaron na campaña Separar con Xeito, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes.
  • Separar con Xeito  pretende fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases lixeiros, papel e cartón, ao mesmo tempo  que trata de resolver as dúbidas suscitadas á cidadanía a cerca da separación de residuos.

Participantes de toda Galicia visitaron o stand da campaña Separar con Xeito dende o seu lanzamento, onde ademais de recibir información sobre as claves da xestión sostible dos residuos, pudieron empregar os medios  materiais para o seu depósito (contedores amarelos e azuis).

A presenza de participantes no stand informativo da campaña intensificouse notablemente durante os meses de verán, coincidindo co incremento de eventos gastronómicos que se celebran na nosa Comunidade nesas datas.

Durante este mes de Setembro, Separar con Xeito estará presente, ademáis de en diversos eventos feirais, nunha morea de citas festivas e gastronómicas, entre as que se poden destacar a Festa da Pataca en Coristanco (A Coruña), a Feira do Moble de Galicia en A Estrada (Pontevedra) ou o Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Xermade (Lugo). Asemade, destacar a presenza da campaña nos festivais de música Cantos da Maré, que se celebra en Pontevedra e o Caudal Fest,  na cidade de Lugo.