Os mercados do Nadal serán os protagonistas da campaña “Separar con Xeito” nos últimos días do ano

Novas

Axenda

« Maio 2019 » loading...
M T W T F S S
29
30
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
Xov 23

Feira quincenal de Curtis

Maio 23 @ 10:30 - 13:30
Mar 28

Feira mensual de Triacastela

Maio 28 @ 10:30 - 13:30
Mér 29

Feira semanal de Castro Riberas de Lea

Maio 29 @ 10:30 - 13:30
Ven 31

Feira semanal de As Neves

Maio 31 @ 11:00 - 13:00
13 Decembro, 2018
  • Separar con Xeito acudirá a  diversos mercados de Nadal durante o mes de Decembro, destacando a súa presenza na 7ª edición do Mercado da Estrela en Santiago de Compostela.
  • Esta campaña pretende fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases lixeiros, papel e cartón nas feiras, festas e eventos gastronómicos que se celebran na Comunidade Autónoma Galega.

A Campaña Separar con Xeito continúa a súa traxectoria ao longo de toda Galicia. Tras percorrer nos últimos meses unha morea de eventos festivos, é o momento de achegarse aos mercados do Nadal, onde os monitores ambientais tratarán de concienciar aos visitantes da importancia de levar a cabo unha adecuada separación dos residuos en orixe, así como depositalos no contedor axeitado en cada caso.

Asemade, ademais dos múltiples mercadiños de Nadal aos que acudirá Separar con Xeito, entre eles o Mercado da Estrela en Santiago de Compostela (A Coruña) e o Mercado de Nadal de Meis (Pontevedra), a campaña tamén estará presente en diversos eventos festivos e deportivos como a Feira do Capón de Vilalba (Lugo) e as Carreiras do Nadal de San Cibrao das Viñas e do Arenteiro en O Carballiño, ambas na provincia de Ourense.