Os Festivais de música e as Festas gastronómicas protagonistas da campaña “Separar con Xeito” nos meses de verán

Novas

Axenda

« Novembro 2019 » loading...
M T W T F S S
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
Dom 17

Carreira de San Martiño en Ourense

Novembro 17 @ 10:30 - 13:30
12 Agosto, 2019
  • Separar con Xeito acode durante os meses de verán a multitudinarios eventos festivos, destacando os multitudinarios Festivais de música e as tradicionais Festas gastronómicas.
  • Esta campaña pretende fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases lixeiros, papel e cartón nas feiras, festas e eventos gastronómicos que se celebran na Comunidade Autónoma Galega.

A Campaña Separar con Xeito continúa a súa traxectoria ao longo de toda Galicia. Tras percorrer nos últimos meses una morea de Festivais de música, tales como o Resurrection Fest (Viveiro), Son Rías (Bueu),  PortAmérica (Caldas de Reis), etc… é o  momento de achegarse ás festas gastronómicas, onde os monitores ambientais tratarán de concienciar aos visitantes da importancia de levar a cabo unha adecuada separación dos residuos en orixe, así como depositalos no contedor axeitado en cada caso.

Nos vindeiros días Separar con Xeito estará presente na Festa dos Callos (Lobios), na Festa da Empanada de Bandeira (Silleda),  na Festa do Pemento de Mougán (Guntín)  e na Festa da Cigala en Noalla (Sanxenxo), entre outros.