O Pantín Classic Galicia Pro e as festas gastrómicas protagonizarán a fin de semana da campaña Separar con Xeito

Axenda

« Decembro 2019 » loading...
M T W T F S S
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
Ven 20

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 20 @ 16:00 - 19:00
Sáb 21

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 21 @ 11:30 - 14:30
Dom 22

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 22 @ 11:30 - 14:30
31 Agosto, 2018
  • Os monitores medioambientais de Separar con Xeito acuden desde onte xoves á unha das citas máis importantes do surf en España, a Pantin Classic Galicia Pro. Ademais, durante a fin de semana os eventos gastronómicos serán os protagonistas da Campaña.
  • A campaña, promovida e organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pretende fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases de plástico, envases lixeiros, papel e cartón.

Separar con Xeito continúa achegando á cidadanía as premisas dunha adecuada separación en orixe dos residuos ao longo de toda Galicia.

Tras percorrer durante a semana diversas feiras municipais, a Pantin Classic Galicia Pro, campeonato de surf que se celebra  na playa de Pantín do concello de Valdoviño, é o evento que pecha o mes de agosto, mes no que a campaña celebrou 66 eventos por toda Galicia.

O sábado 1 de setembro, os monitores ambientais de Separar con Xeito informarán das premisas básicas desta campaña en dous puntos sinalados: A IX Festa do Cordeiro de Chandrexa de Queixa (Ourense) e a Festa de San Ramón do Esto en Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Finalmente, na xornada do domingo 2 de setembro, a campaña acudirá á XXX Festa do Pan de Neda en Neda (A Coruña) e  a XVIII Festa da Chula de Pazos de Borbén (Pontevedra).

En todas estas actividades,os monitores especializados da campaña concienciarán á cidadanía da importancia de levar a cabo unha axeitada separación dos residuos en orixe, así como depositalos no contedor que corresponde en cada caso. Farán especial incidencia nos residuos do contedor amarelo (envases e envoltorios de plástico, latas e bricks) e do contedor azul (papel e cartón limpos, sen restos de graxa ou orgánicos).

E para reforzar as explicacións dadas aos participantes, obsequiarán a cada un deles co díptico informativo da Campaña así como co merchandising oficial de Separar con Xeito: bolsas de tela e ecovasos reutilizables.