O mes de Xuño comeza con múltiples actividades no marco da na campaña “Separar con Xeito”

Novas

Axenda

« Xuño 2019 » loading...
M T W T F S S
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Mér 19

Feira quincenal de Palas de Rei

Xuño 19 @ 10:30 - 13:30
Ven 21

Mercado semanal de Muros

Xuño 21 @ 10:30 - 13:00
Sáb 22

Carreira Popular en Begonte

Xuño 22 @ 10:30 - 14:30
Sáb 22

Mercado semanal de Riveira

Xuño 22 @ 11:00 - 14:00
31 Maio, 2019
  • Os monitores medioambientais de Separar con Xeito acudirán a 6 sinalados eventos durante esta fin da semana.
  • A través das actuacións enmarcadas na campaña  preténdese fomentar na cidadanía prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases de plástico, envases lixeiros, papel e cartón, ao mesmo tempo  que trata de resolver as dúbidas suscitadas aos participantes referentes á separación de residuos.

Separar con Xeito continúa co seu intenso calendario de actividades ao longo de toda Galicia. Tras percorrer os pasados días diversas feiras municipais e mercadiños, o mes de Xuño segue co seu calendario de actividades que se inicia cunha intensa fin de semana.

Deste xeito, os eventos previstos para o sábado 1 de xuño serán  a Festa do Viño Tinto do Salnés en Ribadumia, o We surfing Day na praia de Caión en A Laracha e a Feira semanal da Pobra de Trives.

Na xornada do domingo 2, os eventos aos que acudirán os monitores medioambientais serán a Festa da Carne ao Caldeiro en Dozón, a Festa da Empanada de Forquellas e Cachena da Serra do Quinxo en Entrimo, e finalmente a Feira semanal do concello de Cee.