O Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby 7 feminino acollerá as actividades da campaña Separar con Xeito esta fin de semana

Novas

Axenda

« Agosto 2019 » loading...
M T W T F S S
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
Mar 20

Feira mensual de Carballeda de Valdeorras

Agosto 20 @ 10:30 - 13:00
Xov 22

Mercado semanal de Vimianzo

Agosto 22 @ 10:30 - 13:30
Ven 23

Feira quincenal de Maside

Agosto 23 @ 10:30 - 13:30
Sáb 24
28 Xuño, 2019
  • A carpa informativa da campaña Separar con Xeito estará presente durante esta  fin de semana na proba deportiva que se disputará en Ribadeo.
  • A presenza dos monitores medioambientais no evento complementarase coa dotación de contedores amarelos e azuis destinados a acoller os residuos xerados durante este evento.

O próximo sábado, 29 de Xuño, a campaña estará presente no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby 7 Feminino, que se celebrará en Ribadeo (Lugo). Non é o primeiro contacto de separar con Xeito con este deporte, xa que  a pasada fin de Semana os monitores ambientais xa acudiron ao Torneo de Rugby de Veteranos Memorial J.M. Gándara Vila “Chichon” en Santiago de Compostela (A Coruña), con grande éxito de participación tanto entre os afeccionados como entre os xogadores que disputaron o evento.

Ademais da presenza da campaña neste evento, Separar con Xeito tamén estará presente durante a xornada do sábado 29 de Xuño na Festa Castrexa de Burela (Lugo) e no Festival Fisterra Blues en Fisterra (A Coruña); o domingo 30 de Xuño nos Mercados tradicionais de Padrón e Noia, nos concellos de Padrón e Noia, respectivamente, ambos en A Coruña e na Feira de Castrelo de Miño  no concello de Castrelo de Miño en Ourense.

A campaña Separar con Xeito, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, ten por obxectivo explicar as claves da xestión sostible dos residuos urbanos (especialmente os do contedor amarelo e azul), e resolver as dúbidas suscitadas aos visitantes dos diferentes eventos aos que acude día a día.