Máis de 8.000 participantes na Campaña “Separar con Xeito” desde o seu lanzamento

Novas

2 Abril, 2018
  • Desde o seu lanzamento, o pasado mes de xaneiro, xa son máis de 8.000 as personas que participaron na campaña Separar con Xeito, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes.
  • Separar con Xeito  pretende fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases de plástico, envases lixeiros, papel e cartón, ao mesmo tempo  que trata de resolver as dúbidas suscitadas aos participantes a cerca da separación de residuos.

Separar con Xeito continúa co seu intenso calendario de actividades, tras percorrer durante o pasado mes de marzo diversas feiras, festas e eventos gastronómicos ao longo de toda Galicia, destacando a  Feira do Queixo de Arzúa e a Mostra do Encaixe de Camariñas na provincia da Coruña, así como a Festa da Arribada en Baiona (Pontevedra), e a Festa da Lamprea en Pontecesures, tamén na provincia de Pontevedra. Asemade, a campaña estivo presente nas Feiras do Viño de Chantada e Sober, ambas na provincia de Lugo.

Nos vindeiros días, a campaña continuará co seu calendario de actividades que culminará nunha intensa fin de semana; estará presente tanto en eventos gastronómicos coma feiras municipais.

Os eventos previstos para esta semana serán as feiras de Calvos de Randín, Parada de Sil e Sarreaus, na provincia de Ourense, as feiras de Brión e Ames na provincia da Coruña e a feira de Campo Lameiro na de Pontevedra. Finalmente, durante a fin de semana, a Feira do Queixo de San Simón de Vilalba (Lugo), a Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo (Lugo), e a Festa do Viño da Ulla de Vedra (A Coruña) protagonizarán as actividades de Separar con Xeito.