Intenso calendario de actividades da campaña Separar con Xeito durante o mes de novembro

Novas

Axenda

« Febreiro 2019 » loading...
M T W T F S S
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
1
2
3
6 Novembro, 2018
  • Separar con xeito comezou o mes de novembro visitando as tradicionais Feiras de Santos de Monterroso e Abadín
  • Esta campaña pretende fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases lixeiros, papel e cartón nas feiras, festas e eventos gastronómicos que se celebran na Comunidade Autónoma Galega.

Durante os primeiros días do mes de Novembro, Separar con Xeito estivo presente en dúas feiras lucenses con séculos de antigüidade: a Feira de Santos de Monterroso, celebrada no municipio do mesmo nome,  e a Feira de Santos de Gontán, en Abadín. Ambos eventos congregaron elevada afluencia de público de toda Galicia, do resto de España, e incluso de outros países, non en vano son dúas das festas con máis tradición da nosa comunidade.

Asemade, a campaña tamén estivo presente en diversas festas e feiras gastronómicas que compartían un protagonista común: a castaña, destacando as celebradas nos municipios de O Caurel en Lugo, Porqueira e Riós en Ourense e Vila de Cruces en Pontevedra.

No mes de Novembro, Separar con Xeito continuará de forma intensiva o seu periplo polas citas festivas e gastronómicas, onde os participantes ademais de recibir información sobre as claves da xestión sostible dos residuos urbanos (especialmente os do contedor amarelo e azul), poderán resolver todas as dúbidas existentes neste campo.