Intensa fin de semana de actividades da Campaña Separar con Xeito

Axenda

« Decembro 2019 » loading...
M T W T F S S
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
Ven 20

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 20 @ 16:00 - 19:00
Sáb 21

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 21 @ 11:30 - 14:30
Dom 22

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 22 @ 11:30 - 14:30
27 Xullo, 2018
  • Os monitores medioambientais de Separar con Xeito acudirán a 11 destacados eventos desde hoxe venres 27 ao vindeiro domingo 29 de xullo.
  • A campaña, promovida e organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pretende fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases de plástico, envases lixeiros, papel e cartón.

Separar con Xeito continúa achegando á cidadanía as premisas dunha adecuada separación en orixe dos residuos ao longo de toda Galicia.

Tras percorrer durante a semana morea de feiras municipais, desde hoxe venres 27 darán comezo 3 intensas xornadas de actividade en puntos destacados de toda Galicia.

Así, na xornada de hoxe venres 27 os monitores medioambientais da Campaña acudirán, en xornada de tarde, ao Festival SinSal que se celebra na Illa de San Simón (Redondela, Pontevedra), un festival que destaca por non desvelar o seu cartaz de actuacións ata que o público chega á illa. Do mesmo xeito, outros dous equipos de monitores estarán presentes na XVIII Festa do Pito á Brasa de Crecente (Pontevedra) e noutro importante encontro musical, o Festival Ribeira Sacra de Sober (Lugo)

O sábado 28, os monitores ambientais de Separar con Xeito informarán das premisas básicas desta campaña en catro puntos sinalados: A XXI Festa do Cochiño de Cerceda (A Coruña), a Romería de Monte Castelo de Burela (Lugo), a XVII Festa do Percebe de Cedeira (A Coruña) e a XV Festa do Peixe Espada de A Guarda (Pontevedra).

Finalmente, na xornada do domingo 29 de xullo, a XLIX Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña (Pontevedra), a Festa de San Cristovo de Outes (A Coruña),  a II Feira do Mirabel de  O Rosal (Pontevedra) e a Feira da Torta de Millo de Guitiriz (Lugo) serán as citas nas que terá presenza a campaña a través dos seus puntos informativos.

En todas estas actividades,os monitores especializados da campaña concienciarán á cidadanía da importancia de levar a cabo unha axeitada separación dos residuos en orixe, así como depositalos no contedor que corresponde en cada caso. Farán especial incidencia nos residuos do contedor amarelo (envases e envoltorios de plástico, latas e bricks) e do contedor azul (papel e cartón limpos, sen restos de graxa ou orgánicos).

E para reforzar as explicacións dadas aos participantes, obsequiarán a cada un deles co díptico informativo da Campaña así como co merchandising oficial de Separar con Xeito: bolsas de tela e vasos de plástico reutilizables.