Gran concorrencia de visitantes no stand da campaña “Separar con Xeito” durante a Feira Semana Verde de Galicia

Novas

13 Xuño, 2018
  • Separar con xeito rexistrou preto de 3.000 participantes durante a 41º edición da Feira Semana Verde de Galicia celebrada en Silleda do 7 ao 10 de Xuño.
  • A presenza do stand na Semana Verde viuse complementada coa dotación de papeleiras amarelas e azuis destinadas a acoller os residuos xerados durante a Feira.

Participantes de toda Galicia visitaron o stand da campaña Separar con Xeito, onde ademáis de recibir información sobre as claves da xestión sostible dos residuos urbanos (especialmente os do contedor amarelo e azul), resolveron todas as dúbidas existentes.

A campaña Separar con Xeito continúa nos vindeiros días con diversas actividades en feiras, festas e eventos gastronómicos ao longo de toda Galicia. Destacar a presenza na Mostra da Cervexa Artesá en Santiago de Compostela (A Coruña), á que se acudirá o venres 15, así como a Festa do Cabalo de Nogueiró en Cartelle, na provincia de Ourense, que se celebrará o sábado 16. Na xornada do domingo 17, salientar a presenza na Feira do Viño de Barro en Pontevedra.