Éxito de participación no festival O Son do Camiño e intenso fin de semana de actividades

Novas

Axenda

« Novembro 2019 » loading...
M T W T F S S
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
29 Xuño, 2018
  • Separar con xeito rexistrou mais de 300 participantes durante o primeiro día de concertos do festival O Son do Camiño, se se está a celebrar no compostelán Monte do Gozo do 28 ao 30 de xuño.
  • Os monitores especializados, ubicados estratéxicamente na zona de camping do citado festival atenderon a multitude de xóvenes participantes, provintes non só de toda a xeografía galega senón tamén de diversos puntos de España.
  • A acción viuse complementada coa dotación de contenedores amarelos e azuis ubicados ao longo de todo o camping,  destinados a acoller os residuos xerados durante o Festival.

A primeira edición do Festival O Son do Camiño, estase a celebrar no Monte do Gozo do 28 ao 30 de xuño. Un festival que supón o pistoletazo de saída de actividades lúdicas e promocionais arredor do Camiño de Santiago, de cara ao vindeiro ano Xubilar, en 2021. Neste senso o evento, apoiado pola Xunta de Galicia, está a ser un éxito de participación: durante a xornada inaugural, o xoves 28, rexistráronse preto de 30.000 participantes.

A campaña Separar con xeito non quixo deixar pasar este importante evento e para elo dotou con contedores amarelos e azuis a zona de campismo do festival, que se espera acolla a máis de 3.000 campistas. E ademais dos contedores, dous monitores especializados informaron durante toda a tarde aos usuarios de dito espazo tanto da ubicación dos dous tipos de contedores como do tipo de residuo que debe depositarse en cada un deles.

Para motivar aos xóvenes, tras a charla informativa, repartironse bolsas de algodón orgánico reutilizables que foron moi ben acollidas entre os participantes.

Intensa fin de semana de actividade

A campaña Separar con Xeito continúa nos vindeiros días con diversas actividades en feiras, festas e eventos gastronómicos ao longo de toda Galicia. Os evento previstos para o sábado 30 de xuño son:

  • FESTA DE SAN PEDRO DE SANTA COMBA: En horario de 10:30 a 14:30, no campo da feira.
  • FESTIVAL “EU SON EO”: Na parroquia Ría de Abres (Trabada), en horario de 16:00 a 20:00 h.

E na xornada do domingo 1 de xullo, os eventos aos que acudirán os monitores medioambientais serán:

  • FESTA DA CEREIXA DE PAIOSACO: Na parroquia de Lestón (A Laracha), de 10:00 a 14:00 horas
  • FEIRA DO MIÑO: Na rúa Rabazal de Miño, en horario de 10:00 a 14:00 h.
  • FEIRA DE PEREIRO DE AGUIAR: en Loñoa, fronte a área recreativa, en horario de 10:00 a 14:00