Éxito de participación nas actividades realizadas a primeira fin de semana do mes de Outubro

Novas

Axenda

« Xullo 2019 » loading...
M T W T F S S
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
Sáb 20

Festival 17º Ribeira Sacra en Sober

Xullo 20 @ 12:30 - 16:30
Sáb 20

Festival da Chaira en A Pastoriza

Xullo 20 @ 13:30 - 18:00
Sáb 20

Festa do Peregrino en Triacastela

Xullo 20 @ 15:00 - 20:00
Dom 21

Feira semanal de Negreira

Xullo 21 @ 10:00 - 14:00
8 Outubro, 2018
  • Os monitores da campaña Separar con Xeito percorreron os concellos de Lugo, Sada, Lourenzá, Entrimo e Piñor durante a primeira fin de semana do mes de Outubro.
  • As accións informativas e de sensibilización víronse complementadas coa dotación de contedores amarelos e azuis, destinados a acoller os residuos xerados durante a celebración destes eventos festivos.

A campaña Separar con Xeito estivo presente, na xornada do sábado 6 de Outubro, nunha nova edición da concorrida Expolugo A Rural no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, así como tamén no tradicional Feirón semanal de Sada, que se celebra nesta localidade coruñesa todos os sábados.

O domingo 7, os monitores medioambientais de Separar con Xeito informaron das premisas básicas desta campaña na Festa dos Callos en Piñor (Ourense), na Festa da Faba de Lourenzá (Lugo) e na Feira tradicional de Entrimo (Ourense).

Asemade, Separar con Xeito continúa nos vindeiros días con diversas actividades en eventos festivos ao longo de toda Galicia. Os eventos previstos para esta semana son:

  • Festas do San Froilán en Lugo, o día 9 de Outubro.
  • Feira do Mel no Valadouro (Lugo), o día 13 de Outubro.
  • Festa do Marisco no Grove (Pontevedra), o día 13 de Outubro.
  • Festa da Pataca en Vilar de Barrio (Ourense), o día 14 de Outubro.
  • Feira tradicional de Lobios (Ourense), o día 14 de Outubro.