Éxito de participación na campaña “Separar con Xeito” durante a pasada fin de semana

Novas

12 Abril, 2018
  • Separar con xeito rexistrou elevada participación cidadá durante os eventos celebrados a pasada fin de semana: O Mercadillo de Ames, en Bertamiráns, a Festa de Exaltación do Viño da Ulla en Vedra, a Feira do Queixo de San Simón en Vilalba e a Festa da Carne ao Caldeiro en Carballedo.
  • Serán os concellos de Narón,  Riotorto e Mos  quenes recibirán a próxima fin de semana a visita da carpa informativa de Separar con Xeito.

As localidades de Ames, na provincia da Coruña, Vedra, na provincia de Pontevedra, e Vilalba e Carballedo, ambas na provincia de Lugo, acolleron con grande éxito de participación, as actividades da campaña Separar con Xeito celebradas durante a pasada fin de semana. Ademais de instalarse unha carpa informativa, onde  educadores especializados trataron de concienciar aos asistentes sobre a importancia da reciclaxe dos envases a depositar no contedor amarelo e no contedor azul, instaláronse puntos de reciclaxe que permitiron materializar a correcta separación dos residuos que se xeran neste tipo de eventos.

A campaña Separar con xeito continúa co seu nutrido calendario de actividades nas feiras, festas e eventos gastronómicos ao longo de toda Galicia. Tras percorrer durante a presente semana unha morea de feiras municipais, o sábado 14 acudiremos á Feira de Maquinaria Agrícola de Narón (A Coruña), e o domingo 15 a dobre cita será na Feira de Artesanía do Ferro en Riotorto (Lugo), e na Feira de San Cosme, na parroquia de Cela, concello de Mos (Pontevedra).

A presenza da campaña nestes eventos representará tamén unha boa ocasión para consultar dúbidas, trasladar comentarios e observacións, así como para intercambiar experiencias de boas prácticas na xestión sostible dos residuos urbanos.