Esta fin de semana a campaña “Separar con Xeito” estará presente na Feira do Grelo de As Pontes e na Festa do Caldo de Ósos de Taboada

Novas

Axenda

« Setembro 2019 » loading...
M T W T F S S
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
6
Xov 19

Feira semanal de Carballo

Setembro 19 @ 10:30 - 13:30
Ven 20

Feira semanal en Sarria

Setembro 20 @ 10:30 - 13:30
Sáb 21

Caudal Fest en Lugo

Setembro 21 @ 16:00 - 20:00
Sáb 21

Feira do Moble de Galicia en A Estrada

Setembro 21 @ 16:00 - 19:30
28 Febreiro, 2019
  • Os monitores medioambientais de Separar con Xeito acudirán a dous multitudinarios eventos esta fin de semana
  • A campaña, promovida e organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pretende fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases de plástico, envases lixeiros, papel e cartón.

Separar con Xeito continúa achegando á cidadanía as premisas dunha adecuada separación en orixe dos residuos ao das feiras, festas e eventos gastronómicos de toda Galicia.

Na xornada do sábado 2 de marzo, os monitores ambientais de Separar con Xeito acudirán á  XXXIX Feira do Grelo que se celebra en As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), e que cada ano acolle a miles de persoas.

O domingo 3 de marzo, a campaña terá presenza na  XXVII Festa do Caldo de Ósos que se celebra no concello lucense de Taboada, coincidindo co domingo de Entroido.