Elevada participación cidadá na campaña Separar con Xeito durante a pasada fin de semana

Novas

Axenda

« Febreiro 2019 » loading...
M T W T F S S
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
1
2
3
21 Xaneiro, 2019
  • Separar con xeito rexistrou elevada participación cidadá durante os eventos celebrados a pasada fin de semana, con representación nas catro provincias galegas.
  • Serán os concellos de Ribas de Sil, Muros, Tomiño, Celanova e O Páramo  quenes recibirán a durante o transcurso da presente semana a visita da carpa informativa de Separar con Xeito.

As localidades de Cabanas e Laracha, na provincia da Coruña, Foz, na provincia de Lugo, Tui, en Pontevedra, e Castro Caldelas e O Barco de Valdeorras, ambas na provincia de Ourense, acolleron con grande éxito de participación, as actividades da campaña Separar con Xeito celebradas durante a pasada fin de semana. Educadores especializados trataron de concienciar aos asistentes aos mencionados eventos sobre a importancia da reciclaxe dos envases a depositar no contedor amarelo e no contedor azul.

Asemade, a campaña Separar con xeito continúa druante o transcurso da presente semana cun nutrido calendario de actividades en feiras e mercados de toda Galicia, destacando as Feiras de Ribas de Sil e O Páramo na provincia de Lugo, a Feira de Celanova en Ourense e os mercados de Muros e Tomiño nas provincias de A Coruña e Pontevedra, respectivamente.