Ecoembes e a consellería de Medio Ambiente promoverán ‘Separar con xeito’ residuos plásticos, de envases lixieros e de papel en 350 feiras e eventos gastroculturais

Axenda

« Novembro 2019 » loading...
M T W T F S S
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
1
31 Xaneiro, 2018
  • A Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, poñen en marcha esta iniciativa, para a que se ten habilitado esta páxina web (www.separarconxeito.gal) na que se recolle a información dos distintos eventos, así como consellos para reciclar
  • O obxectivo desta iniciativa entorno á economía circular é concienciar sobre a importancia de reciclar os envases que se depositan no colector amarelo e no azul para o coidado do medio ambiente
  • Esta campaña iniciará súa andadura na feira Xantar (Ourense) sobre o turismo sostible galego, do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración con Ecoembes, levará a campaña “Separar con xeito” a 350 feiras e eventos gastroculturais, co fin de fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de plásticos, envases lixeiros, papel e cartón. O punto de partida desta iniciativa será a Feira Xantar (Ourense) sobre turismo sostible galego.

Con esta acción buscase promover a economía circular a través da reciclaxe de envases e concienciar aos asistentes a este tipo de eventos sobre a importancia da reciclaxe dos envases que se depositan no colector amarelo (envases de plástico, latas e briks) e o contedor azul (envases de papel e cartón) para o coidado do medio ambiente.

Ademais de instalarse puntos de reciclaxe para facilitar a correcta separación de residuos que se poidan xerar, realizaranse actividades formativas para que os asistentes coñezan o xeito máis axeitado para facer unha correcta separación dos residuos.

Tamén se ten habilitado unha páxina web (www.separarconxeito.gal) na que se pode consultar o calendario no que se recollen todos os eventos nos que terán lugar esta acción e a súa ubicación, así como consellos para reciclar.

En 2016, recicláronse máis de 1,3 millóns de toneladas de envases lixeiros e envases de cartón e papel en todo o territorio nacional, acadando unha taxa de reciclado de 76%. Gracias a esta porcentaxe, obtivéronse numerosos beneficios ambientais, como evitar a emisión dun millón de CO2 á atmosfera ou aforrar sete millóns de MWh, é dicir, o equivalente ao consumo eléctrico anual de máis de 700.000 fogares españois ou a aforrar 20,1 millóns de m3 de auga.

 

FONTE: Departamento de comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.