Descargate a nova APP de Separar con Xeito no teu smarphone e entérate das nosas actividades

9 Febreiro, 2018

A nova APP de “Separar con Xeito” xa está dispoñible para iOS e Android. A aplicación recolle os principais apartados da páxina web da campaña e permite de xeito rápido e sinxelo acceder a todos os contidos da mesma.

O menú da APP conta con 5 seccións desde a que se poden acceder aos contidos que, día a día, vanse xerando arredor da Campaña:

  • Onde ir?: neste apartado accedemos ao mapa virtual de Galicia no que se marcan os vindeiros eventos da campaña.
  • Cando ir?: complementando ao mapa anterior, esta sección clasifica cada evento a través dunha ficha de actividade, na que se pode consultar de xeito rápido tipo de evento, lugar e horario de celebración do mesmo
  • Novas: sección onde se recollen as novas publicadas na web da campaña
  • Boas prácticas: nesta sección ofrecemos interesantes consellos sobre como aplicar a regra dos 3 Erres no noso día a día: para reducir, reutilizar e reciclar a nosa APP será a mellor guía!
  • Qué depositar en cada contedor: este apartado nos informa dos tipos de residuos que debemos depositar en cada contedor, atendendo aos dous modelos de recollida e xestión de residuos que temos en Galicia: o Modelo SOGAMA e o Modelo húmido/seco (Nostián e Barbanza).

Logo non tes escusa para levar a nosa APP no teu móbil!

Android e iOS

Separar con Xeito para reciclar a feito!