Comezamos o ano 2019 cunha morea de actividades enmarcadas na campaña “Separar con Xeito”
Novas

4 Xaneiro, 2019
- Desde o seu lanzamento, a finais do mes de Xaneiro de 2018, xa son preto de 50.000 adultos e 15.000 nenos os que participaron na campaña Separar con Xeito, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes.
- A través desta campaña preténdese fomentar na cidadanía prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases de plástico, envases lixeiros, papel e cartón, ao mesmo tempo que trata de resolver as dúbidas suscitadas aos participantes a cerca da separación de residuos.
Separar con Xeito continúa co seu intenso calendario de actividades no primeiro mes do 2019, participando en diversas feiras, festas e eventos gastronómicos ao longo de toda Galicia.
Os eventos previstos para os próximos días serán, entre outros, os mercados de Camariñas, Cedeira e Cerceda, na provincia de A Coruña, as feiras de Lourenzá e Quiroga na de Lugo, e na provincia de Pontevedra os Mercados do Porriño e Vilanova de Arousa. Asemade, tamén se participará na Carreira Popular de Castro de Rei en Castro Riberas de Lea (Lugo).