Punto Limpo

Que debes depositar:

  • Residuos perigosos xerados no fogar (fluorescentes e lámpadas de baixo consumo, vernices, envases de pintura, tóner…)

  • Aceites vexetais usados

  • Residuos voluminosos (mobles, colchóns ….)

  • Madeiras

  • Restos metálicos do fogar

  • Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEEs): lavadoras, frigoríficos, televisores, computadores, secadores de pelo, móbiles, equipos de música, etc.

  • Residuos de pequenas obras en domicilios.

Recomendacións:

  • Deposita neste recinto só os residuos para os que estea deseñado.

  • Moitos municipios dispoñen de servizo de recollida domiciliaria. Contacta co teu Concello e pregunta.

  • Máis información sobre localización, horarios de apertura e residuos aceptados nos puntos limpos: http://sirga.xunta.gal/listaxe-de-puntos-limpos.