Contedor papel/cartón

Que debes depositar:

  • Xornais e revistas.
  • Cadernos sen argolas, sen grampas  e sen arames.
  • Papel de envolver ou embalar.
  • Caixas de cartón (de galletas, cereais, zapatos, ….).
  • Envases de papel (de arroz, fariña, azucre, ….).
  • Cartóns de ovos.
  • Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou cartón).
  • Libros.
  • Follas de apuntes.

Que NON debes depositar:

Papeis tratados-encerados, plastificados, de calco, sucios ou con restos de graxa, así como briks (cartóns de leite, zume, viño, etc..), cueiros, aluminio, etc…

Recomendacións:

  • O papel e o cartón non deben conter elementos accesorios: argolas metálicas, grampas, arames, espirais, etc…

  • É necesario pregar e encartar as caixas e introducilas pola ranura do contedor. Se as deixamos á beira do recipiente, móllanse e contamínanse, impedindo a súa posterior reciclaxe.