Contedor fracción orgánica

Que debes depositar:

  • Calquera resto de froitas, verduras, pan, etc…
  • Restos de pescado e de carne (osos, peles, etc…)
  • Cáscaras de ovo, caparazóns de marisco, restos de pelo, etc…
  • Excrementos de animais domésticos.
  • Cueiros e compresas.
  • Alimentos caducados pero sen os seus envases.
  • Papeis de cociña manchados de graxa.
  • Restos de poda e xardinería.

Que NON debes depositar:

Calquera obxecto plástico (bolsas, botellas, envoltorios, etc…), latas, briks, téxtiles, louza, etc…

Recomendacións:

  • Aproveita ao máximo os alimentos e evita tiralos ao contedor do lixo.

  • Se a cantidade de restos de poda e xardinería é considerable, non deben depositarse no contedor de fracción orgánica, senón que deben derivarse ao Punto Limpo máis próximo.