Que depositar en cada contedor
Envases de plástico, metal e bricks; papel e cartón; botellas e envases de vidro… cada tipo de material ten o seu propio contedor. Aprende a saber que depositar en cada un deles.
En Galicia conviven dous modelos diferentes de xestión de residuos, o MODELO SOGAMA (Planta de Sogama en Cerceda) e o MODELO HÚMIDO-SECO (Planta de Nostián en A Coruña e Planta de Barbanza en Lousame).
MODELO SOGAMA
Separación de 4 fraccións de residuos: Resto, envases lixeiros, papel-cartón e vidro. A fracción resto (bolsa negra) e a fracción envases lixeiros (bolsa amarela) destínase ao Complexo Medioambiental de Cerceda (SOGAMA). É o modelo maioritario en Galicia.
MODELO HÚMIDO-SECO
Separación en 4 fraccións de residuos: fracción inorgánica (FIRM), fracción orgánica (FORSU), papel-cartón e vidro. Existen dous ámbitos diferentes de aplicación deste modelo:
- MODELO NOSTIÁN: Inclúe os concellos da Coruña e a súa área metropolitana e o Consorcio das Mariñas (Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Carral e Oleiros).
- MODELO BARBANZA: Inclúe os concellos da Mancomunidade da Serra do Barbanza (Ames, Brión, Carnota, Lousame Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois)