A Feira da Educación en Riveira acollerá as actividades da campaña Separar con Xeito do 3 ao 7 de abril

Novas

3 Abril, 2019
  • Os monitores ambientais de Separar con Xeito estarán presentes durante esta semana na Feira da Educación de Riveira.
  • De mércores a venres, as actividades dirixiranse a un público eminentemente escolar e docente, mentras que o fin de semana a feira estará aberta ao público en xeral.

A campaña Separar con Xeito, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, ten por obxectivo explicar as claves da xestión sostible dos residuos urbanos (especialmente os do contedor amarelo e azul), e resolver as dúbidas suscitadas aos visitantes dos diferentes eventos aos que acude día a día.

Durante esta semana, a campaña estará presente na Feira da Educación que se celebra por sexto ano consecutivo no concello de Riveira,  do 3 ao 7 de abril, cun ambicioso programa formado por medio centenar de actividades protagonizadas por toda a comunidade educativa.

Xa na fin de semana, ademais da presenza na Feira da Educación de Riveira, a campaña tamén acudirá durante a xornada do sábado 6 de Abril á tradicional Feira do Queixo de San Simón da Costa en Vilalba (Lugo), e o domingo 7 de Abril na Festa da Carne ao Caldeiro en Carballedo (Lugo).