A campaña “Separar con Xeito” vivirá unha nova fin de semana intensa en actividades

Novas

28 Febreiro, 2018
  • Os monitores medioambientais de Separar con Xeito acudirán a 5 destacados eventos durante a vindeira fin de semana, entre os que destacan a “Festa da Arribada” de Baiona ou a Festa do Queixo de Arzúa.
  • Esta campaña está promovida e organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A Campaña Separar con Xeito continúa o seu periplo por feiras, festas e eventos gastronómicos ao longo de toda Galicia. Tras percorrer durante a semana pasada unha chea de feiras municipais, ademais de acudir ao exitoso Festival de A Candeloria (celebrado en Lugo do 22 ao 24 de febreiro), esta semana segue co seu calendario de actividades feirais que culminará nunha intensa fin de semana.

En concreto, o sábado confluirán 3 eventos aos que acudirán 3 equipos de monitores con puntos informativos (stand, carpa) desde os que concienciarán á cidadanía da importancia de levar a cabo unha axeitada separación dos residuos en orixe, así como depositalos no contedor axeitado en cada caso. Farán especial incidencia nos residuos do contedor amarelo (envases e envoltorios de plástico, latas e bricks) e do contedor azul (papel e cartón limpos, sen restos de graxa ou orgánicos). Deste xeito, os evento previstos para o sábado 3 de marzo serán:

  • FEIRA DA OPORTUNIDADE EN ALLARIZ: En horario de 15:00 a 19:00, no pavillón do Instituto.
  • SADA COMERCIO: Na Praza de Irmáns Suárez Picallo, en horario de 11:00 a 15:00 h.
  • FESTA DA ARRIBADA DA CARABELA PINTA DE BAIONA: Será na Praza de Pedro de Castro en horario de 11:00 a 15:00

E na xornada do domingo 4, os eventos aos que acudirán os monitores medioambientais serán:

  • FESTA DO BOLO DO POTE DE MAZARICOS: No centro da vila, no Campo da Feira, de 11:00 a 15:00 horas
  • FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA: No recinto feiral da vila, en horario de 10:00 a 14:00 h.