A Campaña Separar con Xeito estará presente na VIII edición Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Novas

20 Decembro, 2019
  • Desde hoxe ata o domingo Separar con Xeito estará presente no Mercado da Estrela en Santiago de Compostela.
  • Esta campaña pretende fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases lixeiros, papel e cartón nas feiras, festas e eventos gastronómicos que se celebran na Comunidade Autónoma Galega.

A Campaña Separar con Xeito continúa a súa traxectoria ao longo de toda Galicia. Tras percorrer nos últimos meses unha morea de eventos festivos, é o momento de achegarse aos mercados do Nadal, onde os monitores ambientais tratarán de concienciar aos visitantes da importancia de levar a cabo unha adecuada separación dos residuos en orixe, así como depositalos no contedor axeitado en cada caso.

Durante tres días, artesás, artistas, creadores, emprendendores, etc…daránse cita na VIII edición do Mercado da Estrela, evento que contará un ano máis coa presenza dos educadores de Separar con Xeito quenes, ademais de explicar as pautas para unha adecuada separación selectiva dos residuos a través da carpa informativa, animarán aos asistentes entreterse co xogo “Encesta os teus Residuos”.