A campaña “Separar con Xeito” comeza o mes de Decembro con múltiples actividades

Novas

Axenda

« Decembro 2018 » loading...
M T W T F S S
26
27
28
29
30
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
Mér 12

Feirón de Montederramo

Decembro 12 @ 10:30 - 13:30
Xov 13

Mercado semanal de Ortigueira

Decembro 13 @ 10:00 - 13:00
Sáb 15

Mercado da Estrela en Santiago de Compostela

Decembro 15 @ 11:00 - 15:00
Sáb 15

Festa da Camelia en Boiro

Decembro 15 @ 16:00 - 18:00
Dom 16
30 Novembro, 2018
  • Os monitores medioambientais de Separar con Xeito acudirán a 4 sinalados eventos durante esta fin de semana, entre os que destacan a Festa do Viño Espumoso de Salvaterra de Miño e a Festa da Carne Richada en Forcarei
  • Esta campaña está promovida e organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A Campaña Separar con Xeito continúa o seu periplo por feiras, festas e eventos gastronómicos ao longo de toda Galicia. Tras percorrer durante os pasados días diversas feiras municipais e mercadiños, o mes de decembro segue co seu calendario de actividades que se inicia cunha intensa fin de semana.

Deste xeito, os evento previstos para o sábado 1 de decembro serán:

  • Festa da Carne Richada en Forcarei: En horario de 15:30 a 19:00h, na Praza da Igrexa.
  • Festa do Viño Espumoso en Salvaterra de Miño: Será na Praza da Igrexa en horario de 15:00 a 19:00h.

E na xornada do domingo 2, os eventos aos que acudirán os monitores medioambientais serán:

  • Mercado de Lestedo en Boqueixón: No campo da Feira, de 10:30 a 14:00 horas
  • Mercado de Negreira en Negreira: Será na Carreira de San Mauro, en horario de 10:00 a 14:00 h.

Os monitores concienciarán á cidadanía da importancia de levar a cabo unha axeitada separación dos residuos en orixe, así como depositalos no contedor axeitado en cada caso. Farase especial incidencia nos residuos do contedor amarelo (envases e envoltorios de plástico, latas e bricks) e do contedor azul (papel e cartón).