Esta campaña, organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.
En concreto, Separar con Xeito acudirá a ferias, feiróns e eventos gastroculturais co obxectivo de orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado a través dos contedores amarelo (envases lixeiros) e azul (papel e cartón), así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes que atoparán en cada evento.
Anímate e participa!
Disfruta de cada evento e axúdanos a conservar o medioambiente.
Desde hoxe ata o domingo Separar con Xeito estará presente no Mercado da Estrela en Santiago de Compostela.
Esta campaña pretende fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases lixeiros, papel e cartón nas feiras, festas e eventos gastronómicos que se celebran na Comunidade Autónoma Galega.
A carpa informativa da campaña Separar con Xeito estará presente durante esta fin de semana na proba deportiva que se disputará en Ourense, coincidindo coa celebración da EWWR.
Espérase afluencia de milleiros de participantes procedentes de toda Galicia nesta popular cita do atletismo, que este ano acada a súa XLIII edición.
Os monitores ambientais de Separar con Xeito estarán presentes esta fin de semana nunha das citas gastronómicas con maior repercusión de Galicia: A Festa do Marisco do Grove.
A presenza do stand informativo complementarase coa dotación de contedores destinados a acoller os residuos xerados durante este multitudinario e consolidado evento.
Este portal web, SEPARA CON XEITO, utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayuda a optimizar su visita. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Usted puede permitir su uso o rechazarlo, también puede cambiar su configuración siempre que lo desee. Dispone de más información en nuestra Política de Cookies.